literature

Bolboreta

Deviation Actions

Serpens-sideris's avatar
Published:
135 Views

Literature Text

Era pequecho, inocente.
Estaba a xogar no campo, entre a herba. Saltaba, corría, tumbábase a mirar ao seu redor, rodaba polo chan, volvía a correr… Disfrutaba da vida.
Foi nun deses momentos nos que se paraba a descansar cando viu unha bolboreta que voaba errática, como se estivese mareada, ou indecisa con respecto ao camiño a seguir.
Quedouse quieto. O voo impreciso da bolboreta levouna preto del. De súpeto, o colorido insecto caeu aos seus pés.
Cunha mestura de desconcerto e curiosidade, axeonllouse a observala máis de cerca. Esperou uns minutos… Pero ela non volveu a moverse.
Entón comprendeu que aquela bolboreta acababa de morrer. Ademais, só el o sabía.
Mentres miraba o diminuto corpo do bichiño, decatouse de que seguramente a ninguén lle importaría a morte desa bolboreta.
Sentiuse triste.
'Bolboreta' es una palabra preciosa, en mi opinión.
Por otra parte, el trasfondo tiene algo de traumático. Juzgad vosotros mismos.
© 2013 - 2024 Serpens-sideris
Comments0
Join the community to add your comment. Already a deviant? Log In